Hoxe é un pequeno e pintoresco porto pesqueiro que pertence ao Concello de Ribadeo. Os seus 300 habitantes distribúense nunhas 150 casas. Ten a segunda Cofradía de Pescadores máis antiga de España e traída de auga propia.
É coñecido popularmente como o lugar no que se crían as mellores langostas, bogavantes e centolos de toda a Costa Cantábrica. Isto ven favorecido polas súas batidas penas que forman numerosas covas e recodos. Como anécdota podemos sinalar que as antigas discusións e acordos da poboación de Rinlo facíanse tendo o mar como testemuña presencial nun lugar coñecido como "O Cantal". O seu forte carácter Mariñeiro pode apreciarse en detalles como casas colgadas sobre os acántilados, tellados expostos a ventos e tempestades, entrada do mar no casco urbano e Estreitas rúas asomadas ao mar.
Na rochosa costa de Rinlo Predominan as pizarras e os esquistos. Unha característica desta zona da costa cantábrica é a gran cantidade de acantilados que presenta. A forte axitación que habitualmente presenta o mar labrou na roca unha paisaxe chea de abundantes grutas que constitúen verdadeiros paraísos para as diferentes especies de mariscos.
© 2005-2019 Restaurante A Cofradía de Rinlo
O Restaurante A Cofradía de Rinlo
pecha os martes por descanso do persoal,
agás en xullo, agosto e setembro