"A Cofradía de Rinlo Restaurante pecha os martes por descanso do persoal, excepto
en Xullo, Agosto e Setembro"

A Cofradía de Rinlo

Segundo contan os vellos do lugar, Rinlo é un pobo con máis de 500 anos de historia que ten as súas orixes como porto balleneiro. Hoxe é un pequeno e pintoresco porto pesqueiro que pertence ao Concello de Ribadeo. Os seus 300 habitantes distribúense nunhas 150 casas. Ten a segunda Cofradía de Pescadores máis antiga de España e traída de auga propia.

É coñecido popularmente como o lugar no que se crían as mellores langostas, bogavantes e centolos de toda a Costa Cantábrica. detalle Paseo MarítimoIsto ven favorecido polas súas batidas penas que forman numerosas covas e recodos. Como anécdota podemos sinalar que as antigas discusións e acordos da poboación de Rinlo facíanse tendo o mar como testemuña presencial nun lugar coñecido como "O Cantal". O seu forte carácter Mariñeiro pode apreciarse en detalles como casas colgadas sobre os acántilados, tellados expostos a ventos e tempestades, entrada do mar no casco urbano e Estreitas rúas asomadas ao mar.

Na rochosa costa de Rinlo Predominan as pizarras e os esquistos. Unha característica desta zona da costa cantábrica é a gran cantidade de acantilados que presenta. A forte axitación que habitualmente presenta o mar labrou na roca unha paisaxe chea de abundantes grutas que constitúen verdadeiros paraísos para as diferentes especies de mariscos.


sobre A Cofradía de Rinlo

mellor restaurante - Lugo 2011

Estamos cheos de ledicia e satisfacción ao saber que os usuarios da web 11870.com nos elexiron coma o mellor restaurante de Lugo en 2011. Moitas gracias a tod@s.

Ampliar información.

© A Cofradia de Rinlo Restaurante - todos os dereitos reservados A Cofradía de Rinlo | .8prcbs